Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condena ao Concello de Ponteareas ao pago de 416.400 euros a COVSA

por Vm - 15/07/2008

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de condear ao Concello de Ponteareas a aboar a COVSA(Construcciones Obras y Viales, S.A.) a cantidade de 416.400 euros, dos que máis de 169.000 son en concepto de intereses de demora, polo impago de varias certificacións de obras.

En 1999 COVSA reclamou ao concello o pago de diversas obras por importe de 246.000 euros. "O Goberno local non atendeu a reclamación e a empresa recurríu aos tribunais que agora acaban de obrigar ao concello ao pago da débeda cos intereses de demora, que se siguen incrementando dende o pasado 30 de abril", manifesta Sandra Arauxo, viceportavoz municipal do BNG, a través dun comunicado.

Esta sentenza únese a tantas outras dos últimos meses no mismo sentido, "como consecuencia da nefasta xestión económica por parte do Partido Popular de Solla e Castro", lembra Sandra Araúxo. "Este é un caso máis de incompetencia e irresponsabilidade do PP, que coa sua xestión está agravando aínda máis a situación económica do concello de Ponteareas, pois as débedas increméntanse día a día con elevados intereses de demora polo seu impago".

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 47 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com