Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

O Castro de Troña será o destino do último Debrúzate antes do verán

por Vm - 10/07/2008
O último Debrúzate foi presentado onte, nunha rolda de prensa que contou coa presenza de Galicia Nova, Adenco y MZS. REMITIDA.

As organizacións Galicia Nova, Adenco e MZS realizarán o próximo domingo 13 de xullo o último Debrúzate antes do periodo estival e que terá como destino o Castro de Troña, na parroquia ponteareá de Pías. Será este un percorrido monográfico, acercando os participantes de xeito profundo e lúdico a un xacemento de extraordinaria importancia séculos atrás e hoxe punto de atracción de miles de turistas cada ano.

Este será o primeiro Debrúzate monográfico, neste caso ao Castro de Troña, pero que tamén trae novidades. A primeira é que o percorrido guiado polo Castro estará precedido dunha charla previa e introductoria no Teleclube de Pías. Ademais, tamén se organizou unha marcha en bici dende Mondariz Balneario, como xeito idóneo de acercarse á actividade dende os Concellos limítrofes.

Os horarios da actividade son os seguintes, estando a participación aberta a nenos e maiores, sen necesidade de inscrición previa, sendo a dificultade do percorrido moi baixa:

- 10.45 horas: Saída da marcha en bici dende o aparcamento do Colexio CEMAR en Mondariz Balneario.

- 11.30 horas: Charla sobre Troña no Teleclube de Pías.

- 12.30 horas: Percorrido guiado polo xacemento.

- 13.30 horas. Remate da actividade

O Castro de Troña é un dos xacementos fundamentais da cultura castrexa galega e cunhas dimensións máximas de 200 por 150 metros pode considerarse un poboado de medias-grandes dimensións. Estivo ocupado dende o século VI a.C. até o século III d.C, cun período de esplendor na súa ocupación entre os séculos I a.C e I d.C. O castro conta na súa primeira defensa dunha muralla de pedra e un profundo foxo de case 18 metros con 10 metros de ancho no seu fondo, escavado na rocha base, que neste lugar é de granito de gran medio.

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com