Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

O PSdeG de Ponteareas votará en contra do Orzamento 2008

por Rosa Domínguez - 09/07/2008
Domínguez momentos antes de dar inicio á rolda de prensa. R.D.

O PSdeG de Ponteareas vai rechazar mañá no Pleno extraordinario a proposta de Orzamento municipal para o ano 2008 e admite inclusive "estudiar" a posibilidade da súa impugnación porque "este orzamento non responde ás necesidades do concello", dixo o responsable da área de Facenda do partido, Delfín Domínguez, na rolda de prensa celebrada este mércores.

Domínguez sinalou que o Orzamento municipal "é o documento máis importante para un concello", nembargantes a proposta que o equipo de Goberno pretende aprobar mañá non inclue un plan de saneamento económico "que sería fundamental para racionalizar os gastos". Ademais, no apartado que se refire á Relación de Postos de Traballo, faise referencia ao incremento de 25 novos postos laborais, "e non critico que haxa máis, sinon de que non se faga ningún estudio que avale que estos postos son necesarios, o que para nosoutros é ilegal". Domínguez lembrou que o 50% do gasto total deste concello é para pagar os traballadores municipais.

A interventora detectou no seu informe múltiples irregularidades na plantilla de persoal e nas súas remuneracións. Así por unha banda botou en falta a inexistencia dunha Relación de Postos de Traballo, adxudicada hai varios anos a unha empresa pero que o concello non foi capaz de acordar cos traballadores. A interventora reclamou ademais un estudo para a racionalización da plantilla e advirtiu da existencia de numerosos complementos salariais que vulneran a legalidade por ser asignados directa e discrecionalmente. A interventora municipal pidiu tamén que se controle e limite o gasto en teléfonos móbiles ou no repostamento de vehículos, e tamén considerou que os investimentos non se detallan suficientemente.

Os socialistas criticaron ademais que, a pesar da creación de 25 novos postos de traballo, o actual Executivo local decida suprimir a praza dun cabo de Policía -actualmente hai dúas e agora haberá soamente unha- e as prazas de técnico de emprego e a de orientador laboral, por iso perguntaron "¿qué política de emprego pretende facer este Goberno?".

Domínguez non tivo dúbidas e afirmou que a economía do concello ponteareán está en unha situación de quebra técnica debido ao "descontrol" na organización do departamento económico dirixido pola concelleira de Facenda, Nava Castro, "algo que se comproba por exemplo co feito de que a estas alturas non estexa liquidado o exercicio de 2007", e de ahí que sexa "difícil" cuantificar a débeda municipal.

De acordo cos datos facilitados polo PSdeG, a débeda cuantificada do Concello de Ponteareas, a 31 de decembro do 2006, era de 6 millóns de euros, mentres que a carga financeira era superior a 2,6 millóns de euros. Sen embargo, Domínguez advirtiu de que non se deben esquecer as débedas "que non están recoñecidas" a partir dese mismo periodo, polo tanto para os socialistas a débeda real está entre os 10 ou 12 millóns de euros, "o que supón o 100% do Orzamento que se pretende aprobar para este ano".

O Orzamento de Ponteareas para o ano 2008 contempla uns ingresos de 13.276.252 euros, mentres que os gastos ascenden a 12.647.317 euros, co que os orzamentos presentanse con superávit. Recentemente, a concelleira de Facenda, Nava Castro, expresou que consideraba que este proxecto de orzamento é "axustado á realidade" debido a que incrementa os ingresos coas medidas postas en marcha por este departamento, e que reflicten o incremento na participación dos tributos do Estado, así coma outras medidas fiscais. Unha vez aprobado, o Goberno ten previsto aprobar e executar un plan de saneamento financieiro.

Un concello que ten, segundo Domínguez, un aforro negativo, é dicir, cunha financiación do gasto corrente feita co diñeiro das inversións, o que ten como consecuencia que a partir de agora o concello, si quere pedir algún préstamo, "necesite autorización autonómica". Un Orzamento no que a previsión de ingresos "está sobrevalorada" e no que non hai ningún documento que "comprobe" as transferencias que o concello recibirá doutras entidades y "cando se elabora un Orzamento hai que ser prudentes por un lado, e a execución do gasto público ten que ser feita con legalidade e con eficiencia, e iso non sucede neste Orzamento".

Apoio condicionado

O informe da Interventora Municipal que acompaña aos orzamentos presentados polo goberno local reclama a necesidade dun plan de saneamento económico e considerou ademais "pouco prudentes" as cifras que se recollen nos orzamentos e dubida de que o concello poda recadar as cantidades previstas. O BNG lembrou que o último presuposto aprobado, o de 2005, ascendía a 14 millóns de euros "pero finalmente o concello só foi capaz de ingresar algo máis de 6 millóns e medio, dos que máis de 4 adicáronse a pagar o persoal". Agora o orzamento para 2008 se rebaixa a 11 millóns de euros, pero a interventora recoñece que "non se xustifica suficientemente como vai lograr o concello esa cantidade de cartos".

De todos modos, o BNG de Ponteareas informou, a través dun comunicado, que condicionará o seu apoio aos orzamentos presentados polo Partido Popular a que se recollan nos mesmos máis investimentos en obras e servizos básicos como saneamento nas parroquias, na adquisición de terreos para equipamentos como galescolas e para vivendas protexidas, e cantidades importantes para subvencionar a actividade dos colectivos sociais do concello.

A viceportavoz do BNG, Sandra Arauxo, suliñou que "o Goberno apenas destina cartos do propio concello para obras de saneamento, abastecemento de auga, alumeado, pistas, instalacións deportivas, instalacións culturais, etc…". Segundo a nacionalista, o concello só adica cartos propios para a adquisición dos terreos da futura ETAP, por 32.000 euros, e a "ridiculez" de 80.000 euros para saneamento. Neste sentido, o BNG anunciou que vai reclamar no pleno, e posteriormente coas alegacións ao Orzamento, 1 millón de euros para obras de saneamento nas parroquias, outro millón para obras de abastecemento, alumeado e pistas, 600.000 para centros culturais e outros 600.000 para novas instalacións deportivas, "porque estas son as prioridades do rural hoxendía". En canto á vila, os nacionalistas reclamarán "un alto investimento na creación de novos parques e zonas verdes". Para o BNG é "inconcebíbel que nun orzamento de 12 millóns de euros, o concello sexa incapaz de atender eses investimentos que son os que preocupan e necesita a xente".

O BNG tamén considerou unha demostración "da incapacidade do Goberno local" para investir cartos en obras fundamentais, que dun total de 1.600.000 de euros adicados a investimentos, "máis de 600.000 euros son para pagar débedas de obras de anos anteriores, máis de 500.000 euros son cartos da Xunta e da Deputación para obras básicas, e o concello só adica 470.000 euros." Por outra banda, "a partida para o PXOM de 36.000 euros é claramente insuficiente, tendo en conta o Orzamento calculado polos propios servizos municipais do que vai costar e que supera con creces os 200.000 euros".

Por último, o BNG advirtiu que o novo crédito que o concello pretende pedir por importe de 603.000 euros precisa da autorización da Xunta de Galicia, como consecuencia da grave situación económica do Concello. Ese préstamo ten como finalidade pagar outras débedas, polo que o BNG cualificou de "demencial a política de Solla e Castro: para pagar débedas xeneran novas débedas con novos préstamos". As débedas do Concello de Ponteareas coas entidades financieiras, segundo a documentación oficial do Concello, ascende xa a case 3 millóns de euros.

 

 


    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com