Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

O Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas será remodelado para "adaptalo ás esixencias de hoxe"

por Vm - 08/07/2008
Louzán e González Solla trataron hoxe da remodelación do auditorio co arquitecto Manuel Martínez. REMITIDA

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, reuniuse esta mañá co alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, e co arquitecto Manuel Martínez para estudar a posibilidade de colaborar na acometida da remodelación integral do auditorio Reveriano Soutullo.

Segundo un comunicado da Deputación, as actuacións que se acometerán sobre o edificio, que logo de case vinte e cinco anos de existencia comeza a atoparse obsoleto, consisten na adecuación das instalacións á normativa vixente, na dotación de saídas de emerxencia e accesos para minusválidos, na renovación de mobiliario e do sistema de iluminación e ventilación, así como da mellora da acústica do local.

En verbas do arquitecto, Manuel Martínez, "a obra reviste unha gran importancia, xa que se trata dun edificio emblemático, e, ó mesmo tempo, dun elemento urbano. Temos de adaptalo ás esixencias de hoxe, non só a nivel de normativa, que son moitas, senón tamén a nivel de calidade e de proxecto. O que se pretende é transformalo auditorio nun edificio vivideiro polas persoas, mellorando as condicións de iluminación e ventilación e de accesibilidade".

A este respecto, o alcalde, salientou que "é fundamental que todas as persoas maiores e con discapacidade teñan acceso ó auditorio, como espectadores e como protagonistas. Queremos que non haxa ningunha limitación para que ninguén deixe de desfrutar deste edificio público".

González Solla salientou, por último, a utilización de espazos actualmente en desuso, como a sala de exposicións que se reconverterá en aula de ensaio, "pola súa situación estratéxica".

O proxecto entregarase no presente mes de xullo e será licitado con carácter urxente.

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com