Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

Varias prazas e rúas de Ponteareas serán reformadas por un importe de máis de 108.000 euros

por Vm - 05/07/2008

O Concello de Ponteareas executará as obras de mellora no Mercado Municipal e o remate da humanización da Praza Maior, rúa Esperanza e Praza Arxentina por un importe de 108.300 euros. A Xunta de Goberno do pasado 30 de xuño deu o seu visto bo a unha subvención concedida pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia para o financiamento de parte dos traballos.

Segundo un comunicado do goberno municipal, do total do custo das obras, o Concello aportará 32.490 euros -17.934 para a humanización e 14.556 para o mercado-, que representan o 30 por centro do investimento total, e a administración autonómica 75.811 euros – deles, 33.965 para o mercado e 41.846 para a humanización-.

O Concello executará deste xeito unha nova fase da mellora do mercado municipal, e continúa coa humanización do casco urbano, co remate do contorno da Praza Maior.

Rematan as obras na parroquia de Padróns

Por outra parte, a concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas, que dirixe Alberto Novoa, rematou as obras de varias pistas no barrio de Cortellas, na parroquia de Padróns.

Os traballos centráronse no asfaltado, limpeza e preparación do terreo das pistas. Estas obras, executadas con maquinaria e persoal do Concello de Ponteareas, forman parte do plan que está a desenvolver a Concellería de Vías e Obras do Concello ponteareán para este ano 2008 e que perseguen a mellora de todas as pistas e estradas que integran as distintas parroquias.

    
Sobre este artículo
1 / 5 (1 Votos)
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Termatalia

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com