Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

O proxecto de orzamento municipal de Ponteareas para 2008 xa está en mans dos grupos políticos

por Vm - 03/07/2008

O Goberno de Ponteareas remitiu hoxe aos grupos políticos municipais o documento co proxecto do orzamento municipal para o ano 2008. O goberno local trasladou a documentación ás formacións para que a estuden e analicen con vistas á súa próxima aprobación no Pleno da Corporación do mes de xullo.

Segundo un comunicado do goberno municipal, os orzamentos de Ponteareas para o ano 2008 contemplan uns ingresos de 13.276.252 euros, mentres que os gastos ascenden a 12.647.317 euros, co que os orzamentos presentanse con superávit.

A Concellería de Facenda, que dirixe Nava Castro, considera que este proxecto de orzamento é "axustado á realidade" debido a que "incrementa os ingresos coas medidas postas en marcha por este departamento, e que reflicten o incremento na participación dos tributos do Estado, así coma outras medidas fiscais". Unha vez aprobado, o Goberno ten previsto aprobar e executar un plan de saneamento financieiro.

A partida do capítulo I, adicada ao persoal, contempla o incremento salarial previsto para o ano 2008, así coma unha partida de 205.000 euros para repartir entre os traballadores unha vez elaborada a valoración da Relación de Postos de Traballo (RPT). Ademais, o proxecto de orzamento recoñece as débedas do Concello para facerlles fronte.

Na partida adicada a investimentos, a parte que aporta o Concello é de 1.480.865 euros, unha cifra se verá incrementada coas aportacións comprometidas por outras administracións como a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia. "En materia de investimentos, os orzamentos contribuirán a facer realidade, entre outros, o remate do PXOM, a nova estación depuradora de auga potable (ETAP), a reforma integral do auditorio, o novo pavillón, novos campos de fútbol de herba sintética, a humanización de rúas e máis parques infantís, etc.", continúa o comunicado.

O Goberno local "confía en que os grupos políticos municipais respalden o documento na sesión plenaria", remata a nota.

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com