Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

Comeza a aula de xogos de verán de Cruz Vermella en Ponteareas

por Vm - 01/07/2008

Dende o 8 de xullo e ata o 21 de agosto, tódolos martes e xoves, terán lugar no Centro Multiusos as actividades da Aula de Xogos de Verán de Cruz Vermella Xuventude en Ponteareas. Os destinatarios son pequenos con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos do municipio, que participarán distribuídos en dous grupos 11.00 a 12.30 horas e de 12.30 a 14.00 horas.

Nestas sesións desenvolveranse actividades de educación medioambiental, xogos populares, manualidades e visitas. "Para que o proxecto sexa un éxito contamos coa participación dun equipo de voluntario con formación en animación e tempo libre que durante o mes de xuño estiveron deseñando e organizando todas e cada unha das sesión da Aula De Xogos de Verán", informan dende Cruz Vermelha.

Dende o ano 2004, a Cruz Vermella de Ponteareas vén desenvolvendo este Aula de Xogos de Verán que na pasada edición 2007 contou coa participación de máis de 50 rapaces da comarca. Este proxecto xurdiu coa idea de ofertar un espazo onde os nenos e nenas da localidade puidesen aprender xogando, divertirse e desenvolver a imaxinación e a creatividade.

O prazo para anotarse nestas actividades comeza o 1 de xullo e remata o día 7 do mesmo mes. As prazas serán outorgadas por rigoroso orden de inscrición. Ademais e a partir do próximo 25 de Agosto comeza o plazo para inscribirse no Campamento Urbán de Verán, que se celebrará os días 3, 4 e 5 de Setembro.

Para os que estean interesados ou desexen máis información poden dirixirse a Cruz Vermella Española Asemblea Local Ponteareas (rúa As Pombas s/n Centro Multiusos) ou chamar o número 986 641 794.

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 47 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com