Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

Solla elude aclarar no pleno se demitirá no 2009

por Vm - 28/06/2008

O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, eludíu aclarar no pasado Pleno se presentará a súa demisión o vindeiro ano 2009, tal e como pactou coa UCPA o pasado ano, segundo un comunicado do BNG. Á preguntas feitas pola viceportavoz nacionalista, Sandra Arauxo, o rexedor "negouse a respostar aducindo que non era un asunto que interesase ao Pleno" e tampouco quixo aclarar os motivos polos que a UCPA e o PP siguen funcionando no Pleno como dous grupos independentes "cando na práctica teñen formalizado un acordo de integración".

No mismo comunicado o BNG sinala que a petición dun informe xurídico por parte de Nava Castro no Congreso para aclarar se é compatíbel o cargo de alcaldesa e deputada, "pon en evidencia a desconfianza e a tensión existente no seo do goberno local a menos dun ano para que se teña que producir o relevo". Segundo Sandra Arauxo, "as tensións internas no goberno están paralizando o funcionamento dun goberno xa de por si ineficaz e incapaz de resolver os problemas de Ponteareas".

O BNG considera tamén que o que acontece no PP de Ponteareas revela a "incapacidade de Núñez Feijoo, Rueda e Louzán" para poñer orde e resolver os problemas internos da dereita ponteareán, "a pesares de ter obrigado a Solla a aceptar compartir a alcaldía con Castro e a pesares de ter colocado a Nava Castro no Congreso dos Deputados, ninguneando ao propio alcalde e PP ponteareán, e a pesares de escenificar en Pontevedra un acordo de integración con Castro e Solla xuntos, o certo é que este goberno municipal é incapaz de exercer a súa maioría para aprobar os presupostos ou para tramitar o plan urbanístico".

Sandra Arauxo pedíu aos votantes do PP e UCPA "que tomen nota de cómo os seus votos foron utilizados nun pacto non para dar un goberno eficaz e estábel a Ponteareas senón exclusivamente para servir aos intereses persoais de Solla e Castro e para impedir un goberno do BNG con Roberto Mera como alcalde".

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com