Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

Análises feitas pola Consellería de Sanidade din que a praia de San Roque, en Ponteareas, non é apta para o baño

por Rosa Domínguez - 29/06/2008
Os ecoloxistas lembran que xa no ano pasado este lugar resultou non apto para o baño nalgunha das análises. REMITIDA.

A praia fluvial de San Roque-Os Remedios, en Ponteareas, non é apta para o baño, segundo as primeiras análises da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia. O Grupo Ecoloxista Adenco denuncia, a través dun comunicado, "a pouca consideración que o concello ten de cara a resolver os problemas de contaminación que continuamente se veñen repetindo nunha zona declarada como Lugar de Interese Comunitario e incluída na Rede Natura 2000".

Os ecoloxistas lembran que xa no ano pasado este lugar resultou non apto para o baño nalgunha das análises que realizou a consellaría e a praia das Partidas, en Moreira, revogouse por ser non apta para o baño durante tres análises consecutivas. Adenco asegura que concello non cumpre coa normativa existente no referente a publicitar a existencia das respectivas praias fluviais ou, no caso contrario, a non existencia, como, neste ano, "indicando que a praia das Partidas non é, para a Consellaría de Sanidade, unha praia fluvial, e, por tanto, non está controlada nas análises periódicas".

O concelleiro de Medio Ambiente, Víctor Sebastián, dixo non ter coñecemento de nada "porque ata agora o concello non recibiu ningunha información de Sanidade". De ser certo que esta praia non é apta para o baño, se instalará un letreiro "para evitar que a xente se bañe e despois facer outras análises".

    
Sobre este artículo
4.5 / 5 (2 Votos)
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 47 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com