|  | | | | | BolÃvar González, VÃctor Prego e Gabriel MartÃnez. REMITIDA. | | | |
O BNG acusou ao PP de incumprir as promesas electorais, como por exemplo a que fixo o 25 de maio do pasado ano, no último día de campaña das municipais do 2007, cando "o presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciaba na prensa que resolverían o perigo que representa o Penedo da Sobra", que ameaza algunhas casas do lugar de O Pereiro, na parroquia de Guláns e sobre a estrada que comunica con Couso pola que cada día circula o autobús escolar.
A través dun comunicado de prensa, o deputado provincial do BNG, Gabriel Martínez, lembrou que o Penedo da Sobra está situado nun desnivel, nunha ladeira de 200 metros cunha pendente, en boa parte do 80%, sen protección e que ameaza con rodar monte a baixo, pois dende hai anos, desprázase levemente da sua situación orixinal, despois de que este penedo fendese en dous. "Un perigo coma este, que preocupa a varias familias, hai que eliminalo sen perder máis tempo", estas eran as palabras de Louzán e Solla, lembrou, "para enganar aos veciños a dous días de ir votar".
Por outra banda, o 1 de xullo de 2007, Louzán e o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, visitarían novamente Guláns "e os veciños recordáronlles o compromiso adquirido, pero como non había eleccións ao día seguinte, o asunto xa non era tan urxente e os dous dirixentes populares únicamente cortaron unha tarta co debuxo do penedo da Sobra", lembrou Gabriel Martínez.
A requerimento do deputado provincial do BNG, os técnicos da Deputación confirmaron as preocupacións dos veciños e o perigo que o penedo supón. "Posteriormente se puido comprobar que a pesares das promesas e dos informes técnicos, non existe ningunha partida no orzamento da Deputación para acometer esta actuación no 2008".
|