Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

O BNG de Ponteareas instará a Solla a aclarar no pleno se vai demitir no 2009

por Vm - 26/06/2008

O BNG de Ponteareas pedirá a Salvador González Solla que aclare, "tal e como se comprometeu por escrito e anunciou públicamente", se vai demitir no vindeiro ano 2009 como alcalde, "xa que se trata dunha decisión que ten grande trascendencia para o funcionamento do concello e da Corporación Municipal" e que tamén informe se o concello recibíu algunha comunicación sobre a disolución e baixa no rexistro de partidos da UCPA e que efectos ten sobre a Corporación Municipal.

As preguntas do BNG formúlanse coincidindo coa decisión de Nava Castro de solicitar no Congreso dos Deputados un informe xurídico para aclarar a compatibilidade entre a súa condición de deputada e de posibel alcaldesa, "o que indica a pretensión da deputada popular de reclamar o cumprimento do pacto que no seu día impedíu que Roberto Mera e o BNG accedesen á alcaldía". O BNG formulou unha batería de preguntas dirixidas ao alcalde Salvador González Solla para a súa resposta no Pleno que se celebrará este xoves, na que solicitan diferentes aclaracións sobre a situación xenerada logo do acordo de integración acadado entre UCPA e PP hai varios meses e as súas consecuencias no funcionamento da Corporación e do propio goberno local.

A través dun comunicado, os nacionalistas manifestan que consideran "ilóxico" que logo dese acordo anunciado públicamente e que supuxo a entrada de Nava Castro no PP e a súa elección como deputada no Congreso, "sigan existindo na Corporación Municipal dous grupos políticos independentes, o da UCPA e o PP", que segundo Sandra Arauxo, viceportavoz municipal do BNG, "teñen duplicados os seus dereitos políticos e económicos".

Así, Arauxo destaca que os cinco concelleiros do grupo liderado por Nava Castro "dispoñen dun turno de intervención no Pleno e os seis concelleiros do PP doutro turno, e os dous grupos, o da UCPA e o PP teñen recoñecidos dereitos económicos como dúas forzas independentes". En consecuencia, engade a viceportavoz nacionalista "hai dous PP na Corporación que disfrutan do dobre de dereitos que as outras forzas políticas".

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com