Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

A Xunta comprométese a apoiar o encontro internacional de alfombristas e a promoción internacional do Corpus

por Vm - 17/05/2008

O director xeral de Turismo, Rubén Lois, asumiu o compromiso de que a Xunta apoiará á Festa do Corpus. Segundo adiantou o concelleiro e dirixente nacionalista Roberto Mera, trala reunión celebrada con Rubén Lois, "a Dirección Xeral de Turismo, dependente da Consellaría de Innovación e Industria, está disposta a apoiar a celebración en Ponteareas do Encontro Internacional de Cidades Alfombristas no vindeiro ano 2009".

Para poder contar co apoio da Xunta, Mera dixo que "é fundamental que os alfombristas ponteareáns se organicen e coordinen para poñer en marcha este evento internacional, pois o apoio financieiro e incluso técnico será facilitado pola propia Consellaría. O concelleiro nacionalista destacou a vontade da Xunta de poñer a disposición dos alfombristas a varios técnicos que se encargarían de asesorar e dar apoio á comisión organizadora deste encontro internacional.

Mera anunciou que en breve o Director Xeral de Turismo manterá un encontro en Ponteareas con todos os alfombristas da localidade "para trasladarlles polo miudo as grandes posibilidades de apoio que lles ofrece o goberno galego e para animalos a unirse, organizarse e coordinarse".

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 100 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com