Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

E o espírito de Xosé María Álvarez Blázquez rexurdiu en Ponteareas na voz de Antonio García Teijeiro

por Rosa Domínguez - 17/05/2008
Antonio García Teijeiro, ao lado do alcalde Salvador González Solla e do concelleiro Andrés Sampedro, foi a 'voz' de Xosé María Álvarez Blázquez en Ponteareas. R.D.

Un recital poético deu inicio onte ós actos organizados polo Concello de Ponteareas co gallo do 'Día das Letras Galegas'. Unha data que "debe ser un momento de reforzamento da nosa identidade", dixo o alcalde, Salvador González Solla, antes de dar paso ao escritor Antonio García Teijeiro, que a través da súa voz fixo rexurdir o espírito literario do homenaxeado, o tudense Xosé María Álvarez Blázquez. O rexedor sinalou tamén que a traxectoria biográfica de Álvarez Blázquez abarcou moitas áreas e que o seu espírito emprendedor fixo que fora pioneiro en Galicia, como por exemplo ao dar orixe á Editorial Monterrey.

Antonio García Teijeiro comenzou a súa intervención manifestando que "todo o que sexa dicir poesía en voz alta é unha das cousas máis fermosas". O escritor vigués -ten máis de 50 números publicados, sobre todo ten publicada unha extensa obra poética para nenos e mozos- engadiu que o 'Día das Letras Galegas' significa para el catro palabras: festa, homenaxe, descubrimento e mágoa. A primeira, "porque reflicte que a literatura galega está claramente en ascenso". A segunda "porque se homenaxea a un persoeiro, o que sempre será útil para coñecer a súa obra". A terceira porque permite 'descubrir' algo novo e a mágoa porque "a min me gustaría que o 'Día das Letras Galegas' fose tódolos días do ano".

En canto a Xosé María Álvarez Blázquez
, Teijeiro, a través das palabras de Darío Xoán Cabana, "unha persoa que traballou con Blázquez", fixo un retrato do homenaxeado das Letras Galegas. "Era un home de mediana estatura e tiña un fermoso nariz curvado, pero en conxunto era un home guapo, e unha das cousas que máis lle gustaba era camiñar polas aldeas".

Nembargantes, o que toda a xente quería escoitar era a Álvarez Blázquez e Teijeiro non defraudou a naide, con 'Canle segredo', 'Cancioneiro de Monfero', 'Solpor', 'Carta a Celso Emilio, novamente emigrado' e 'Queixas', entre outros. Este último o escribiu cando tiña soamente 12 anos de idade e nel o escritor tudense contaba que "A min naide me quere nesta vida", "o que é exemplo da precocidade de Álvarez Blázquez". Teijeiro finalizou a homenaxe ao escritor tudense cunha frase que leu nun xornal e que dí así: "Xosé María Álvarez Blázquez, o home que no ermo dos 50 devolveu o pobo galego as palabras".

Hoxe, continúan os actos de celebración do 'Día das Letras Galegas', polo cal se poderá gozar na Praza Maior da Festa da Bicicleta 'Ponteareas coas Letras' e da Feira do Libro na que haberá actividades durante todo o día de baile, contacontos, animación con pallasos, maxia e xogos de animación. O día rematará cun concerto coral a cargo da Coral do Centro Artístico Sportivo no Auditorio Reveriano Soutullo, quen interpretará un repertorio de cancións galegas. Os días 23 e 30 de maio os nenos volverán ser os protagonistas do obradoiro 'Cóntame un conto' no que deixarán voar a imaxinación para converterse en creadores, a través do escritor Miguel Anxo Mouriño Fernández que fará de fío condutor das historias.

 

 

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 100 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com