20/07/2008 A Oficina de Turismo de Ponteareas recibe o certificado e placa de calidade turística outorgado por Turismo Rías Baixas A concelleira de Turismo do concello de Ponteareas, Raquel Bautista Alfaya, recolleu en días pasados o certificado e a placa que acreditan á Oficina de Turismo de Ponteareas estar en posesión da certificación do Sistema de Calidade Turística en Destino, outorgado polo Padroado de Turismo Rías Baixas, a aqueles establecementos que cumpran os requisitos de calidade esixidos no Manual de Boas Prácticas Turísticas. Do total de 81 establecementos da provincia de Pontevedra merecedores deste certificado, tan só oito corresponden a outras tantas Oficina de Turismo entre as que se atopa a de Ponteareas.
15/07/2008 O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condena ao Concello de Ponteareas ao pago de 416.400 euros a COVSA O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de condear ao Concello de Ponteareas a aboar a COVSA(Construcciones Obras y Viales, S.A.) a cantidade de 416.400 euros, dos que máis de 169.000 son en concepto de intereses de demora, polo impago de varias certificacións de obras.
15/07/2008 Comienzan las obras ampliación y acondicionamiento de los Juzgados de Ponteareas Finalmente comenzaron las obras de ampliación de la planta segunda y el acondicionamiento de local en la planta baja de los Juzgados de Ponteareas. Aunque el cartel dice que los trabajos se iniciaron el 19 de junio, no fue hasta el martes de la pasada semana cuando se instalaron los andamios.
14/07/2008 Medio Ambiente emite o documento de referencia para o parque empresarial de Ponteareas Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostíbel da Xunta de Galiza emitíu o pasado luns o chamado documento de referencia co que se pon en marcha o proceso de avaliación estratéxica ambiental, un trámite obrigatorio na tramitación dun parque empresarial, como o de Ponteareas, e que agora terá a súa continuidade coa elaboración por parte da Consellaría de Vivenda e Solo do Informe de Sustentabilidade Ambiental.
13/07/2008 A Biblioteca Municipal de Ponteareas amplía a sua programación nos meses de verán A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas amplia as súas actividades de Animación á Lectura os meses de verán "por considerar que son datas nos que os nenos están de vacacións e teñen máis tempo libre para o ocio e tamén para dedicarlle á lectura".