|  | | | | | José Costa e Rafael Louzán. REMITIDA | | | |
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, recibiu onte no Pazo Provincial ó alcalde de Covelo, José Costa Díaz, para tratar varios asuntos concernentes ó concello. Na súa xuntanza, Louzán e Costa acordaron realizar a adquisición dun vehículo tractor desbrozador para o concello, valorado nun importe de 90.000 euros financiado ó 50 por cento por ambas institucións.
Así tamén formalizouse o compromiso do remate do Plan de Saneamento de Abastecemento do barrio de San Pedro, na parroquia de Campo, no que a Deputación investirá 30.000 euros.
Por outra banda, a Deputación Provincial acometerá a construcción do centro sociocultural de Prado de Canta, nunha actuación valorada nun importe de 80.000 euros. Previamente, a institución xa concedera outra subvención e o concello xa ten adquirido os terreos onde vaise ubicar.
O organismo provincial tamén investirá 41.000 euros na construción dun muro en Barciademera, que é necesario para habilitar un acceso nunha vía obstruída no barrio de Mera.
Campo de herba sintética
Por último, a Deputación está a considerar a posibilidade de implantar herba sintética de última xeración no Campo Municipal de Covelo, que podería pasar así a ser un dos quince campos aprobados na última Xunta de Goberno que recibisen a nova dotación de infraestrutura deportiva. |