|  | | | | | Manuel Castro, concelleiro socialista mosense, coñécese por 'Richard Guere' entre os compañeiros e os veciños. | | | |
¡Ouh, Richard Guere mosense! Isto é Manuel Castro. Cada día asombras máis a propios e extraños. O concelleiro e portavoz socialista non debe ter moita idea de medio ambiente, dinme os veciños. Ata podería ocorrer pasar que el teña a delegación de medio ambiente en Mos. Esperemos que non porque o outro día quedaste moi mal diante dos veciños, Richard.
Guere ía acompañado nesta ocasión con nacionalista Cabaleiro, o futurible de vías e obras (cando se asine o pacto PSOE-BnG, claro), quizais para se ir poñendo ao día. Ao parecer, segundo a veciñanza, a empresa que realiza os traballos da estrada N-550 (O Porriño-Redondela) está a verter, preto do río Louro ao seu paso por Mos, nunha leira particular, os residuos facendo capas e buracos aos que se lle bota terra por riba. Os veciños din que a empresa carece de calquera permiso para realizar este soterramentos e prateou o tema, in situ, o outro día aos dous próceres do municipio mosense.
E Richard, con esa imaxe que ten de maior pero con ‘estilo’, pensou en alto diante de Cabaleiro e un veciño farto de tanto despropósito: ¿Pero o concello ten competencias para isto? Referíase a posibilidade de paralizar as obras… ¡Pero, Castro, que no te enteras e logo dalles leccións a Nidia nos plenos!
O caso é que asunto está sen resolver. Mentres as obras, aseguran os veciños, son un perigo. Fan máis estreitos os sentidos da estrada e os camións portugueses circulan a toda pastilla. Os peóns non teñen por onde camiñar. Ata o propio farmacéutico da zona estivo a piques de ter un accidente.
¿Guere esperamos a que tomes medidas?
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |