Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Confidencial

Quin vende fume e Carrera o mesmo a outro nivel

por Garganta Profunda - 02/07/2008
Carrera e 'Caroquiña', inseparables ata o de agora.

Quin vende fume en O Porriño. ¿Pero que centro de día en Torneiros se aínda non teñen os terreos? Esa parcela de 3.370 metros cadrados da que se falou no pleno de mediados de decembre de 2007 aínda non está clara a propiedade. A Comunidade de Montes de Torneiros reclamou xudicialmente terreo alí, cerca de ACEESCA, e está sen dirimir a súa pertenza.

Así que, que fixo Quin o pasado xoves no Porriño. Dinme algúns invitados que nin mirou para a maqueta. Eso síimoito pincho e canapé para encher de xente o acto.

Ademais, o proxecto ten que ser aprobado en pleno.

En fin, que pode ocorrer como con Provicar, no lugar da antiga nave de Iber, que foi paralizada a construcción do edificio polo Xulgado.

Cóntanme que hoxe se deixaron ver pola Casa do Concello do Porriño o flamante presidente do PP local, Manuel Carrera, e o seu adlátere, Caroca ou ‘Caroquiña’ como di Barros. E que non entenden nin xota sobre os orzamentos e foron a preguntarlle ao ‘bo samaritano’, Pedro Pereira, a ver se lles explica algo. Pero, ¿Caroquiña así como vas sacar unhas oposicións ou suposicións?

Por certo, dos 19 membros do comité local do PP do Porriño–faime unha apreciación unha amiga-, 12 son próximos a Barros. E iso sen contar a Manuel Carrera. ¿Con tantos ‘barristas’ onde vai a renovación, Carreiriña?

Por certo, haberán observado que non estaban os de IdeP. Seica a Coto lle faría ilusión pero, case seguro, Gonzalito Ordóñez, ao enterarse da preponderancia do barrismo no congreso, debeulle prohibir a Coto asistir ao congreso de calor abafante e falto de ideas do PP do Porriño. Gonzalo fuxe de Barros coma un can da auga.

Hai unha chea de temas de urbanismo no Porriño e ímolos contar nos vindeiros días se Deus nos da saúde.

gargantaprofunda@vigometropolitano.com

    
Sobre este artículo
5 / 5 (2 Votos)
Encuesta
Hay un total de 47 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com