|  | | | | | El alcalde Efren Juanes, con apariencia de mandar, deja hacer a Juna Hermida. La oposición los llaman 'los juanes'. | | | |
Nigrán xa ten unha rúa adicada a Xosé María Álvarez Blázquez desde a pasada semana. Pero, como foi a inauguración é outra cosa. Non apareceu o alcalde Efrén Juanes nin ningún concelleiro socialista do goberno. Estaban os da oposición PP e UCN e prácticamente ningún veciño. O nacionalista Xosé Lois –cóntanme- nin siquera lembraba o nome do fillo do homenaxeado, Alfonso Álvarez Cáccamo. E ao nacionalista David Giráldez, tres cuartos do mesmo. En fin, unha inauguración que rematou cunha conferencia do fillo do homenaxeado que, ao parecer, estivo pouco brillante, caendo nos tópicos comúns da República.
En xeral o desencontro nos bigoberno nigranés é cada vez máis evidente. Juan Hermida e Doldán no acaban de solucionar o conflicto coa policía municipal. Cóntanme que hai unha semana que Doldán no aparece polo concello polas mañás. Non avanzan nin no horario, nin no soldo, nin na xestión do servizó, entre outros puntos. A negociación do convenio está parada.
Por certo, Hermida que non asistiu ao último pleno do mes pasado xa o día seguinte andaba todo campante pola casa do concello. ¡Pouco debeulle durar a dolencia!
Mentres, Juanes convocou unha xuntanza para falar da situación económica del concello de Nigrán pero nin PP nin UCN asistiron. Din as malas linguas que o alcalde pretendía eliminar as axudas económicas as asociacións culturais e que o que buscaba era a complicidade das demais forzas políticas para aliviar a súa responsabilidade.
Así as cousas, mañá haberá outra convocatoria de reunión. Mentres o POXM agarda o pleno para a súa aprobación despois de que se aceptase a oferta dunha das dúas empresas que se presentaron ao concurso un tanto recortado de fondos.
Así as cousas Juanes mira para outro lado e deixa facer a Hermida.
Tampouco o PP está mellor e o recente homenaxe, dinme, que levantou ampollas entre a militancia. Outro día imos contar que pasa con mozo Alberto Valverde que, dinme confidencialmente, que non ten todo o respaldo da executiva provincial.
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |