|  | | | | | A Ojea se lle notou certo 'celo amargo' na defensa dos seus socios. | | | |
Bueno, pleno en Mos. Cambio sustancial na actitude do nacionalista Xosé Manuel Martínez Ojea. Desde que está ‘en capela’ para asinar o pacto –orden de sus superiores e el é moi xerárquico-, non fai máis que porlle a alfombra vermella a Susa. Pasoulle o plumeiro canto quixo.
Cando se falou de Galescolas, polo tanto de Educación sen selo, isto é de competencia da Vicepresidencia (incomprensible que pase isto na Xunta de Galicia), Martínez Ojea anduvo espabilado para defender ‘o pan’. Claro que cando lle tocou falar de transporte público, consellería que non lle afecta, entón vimos a un Ojea máis crítico e solto, sen freo.
Iso de respectar Ojea a Susa, non é para todos os seus compañeiros de grupo. A Richard Gere (Manuel Castro) que estivo fantástico –no sentido literal da palabra- e que logrou meter en danza a unha concelleira popular, Ana, que saltou inmediatamente perdendo razón no polo contido do que dicía senón polas formas, lanzoulle unha boa pulla. Gere presumía de convenio firmado para o pazo de Mos pero resulta que non se podía facer sen incurrir en ilegalidade. Así que llo espetou sobre a marcha o ‘bo’ de Ojea.
Neste climax, e quizais pola cercanía con Susa, ata a secretaria do Concello se animou a facer precisións legais durante un discurso dunha concelleira.
Mentres Susa miraba todo desde a altura da palestra, como se estivero por riba do ben e do mal, cousa que lle encanta.
Entre o público o ex concelleiro nacionalista de medio ambiente e agora fóra da lista da sucesión, Diego, que ao parecer cóntanme que ten o/os meniños na lista de espera da educación infantil.
Pero para demagoga Isabel Lago. "¿Qué dirán os 57 pais da lista de espera se se lles ofrece unha galescola?", veu dicindo. A respuesta é evidente, benquerida, entre nada e galescola, pois, galescola. Pero os pais deben poder elixir o centro onde queren que se eduquen os seus fillos. É un dereito. Coma ti Isabel que os levas a un centro privado de Vigo, ¿vale? Ti si pudiches escoller e os demais que, ¿todos a galescola por decreto da concelleira de Benestar? Pois Diego debía estar alí para se gañar unha praza para un fillo na galescola.
E a Richard Guere, tan simpático e ‘juapo’, que vai este verán ao país Vasco e que vexa que é unha ikastola e que estudie a súa evolución. Así cando comece o curso vai saber algo de que é unha galescola polo menos para non dicir o que dixo hoxe no pleno.
A verdade é que todos votamos de menos a Mariña. Esta concelleira non falaba prácticamente nunca, pero daba ambiente cos seus debuxos mentres outros tiraban a dar. ¿Lembran aquel día que acudiu con gafas de sol ao pleno e as mantivo durante toda a sesión? Aquello foi unha pincelada naïf na historia das sesións plenarias mosenses. ¡A xenial Mariña! Cos seus modeliños de aire retro… era toda una institución. ¿Por qué a fagocitaría Martínez Ojea? ¡Ese maldito pacto xa empezou a estragar esa amizade dos compañeiros da política! Prometemos contar con detalle todo o que lle sucedeu a esta mestra que agora despediuse porque vai preparar suposiciones, quero dicir, oposiciones.
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |