|  | | | | | O edificio consta de 90 vivendas, baixos comerciais e garaxes. O volume económico poderÃa estar arredor de 15 millóns de euros (2.500 millóns de pesetas). | | | |
Os veciños de Torneiros acudirán mañá mércores ao Xulgado do Porriño a eso das 10.00 horas. É que comezou a hora dos xulgados para o Concello do Porriño. O tema é o urbanismo como non podía ser doutro xeito. E os implicados non é difícil de imaxinar e adiviñar quen son.
No principio foi a rúa do Cando, nos arredores da igrexa parroquial, pola licenza de construcción. O motivo foi a posible ocupación dun vial e nestes intres atópase en tramites xudiciais.
Logo a cousa veu por Lonza. Agora no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Implicaron a empresa e ao concello do Porriño pola concesión dunha determinada licenza, en primeiro tramite fallada a favor do veciño demandante, pero agora recurrida polo Concello e a empresa.
E agora Torneiros. Ábrese un novo asunto para o gabinete de Raúl Francés. Trátase dun procedimento de acción declarativa de propiedade dunha finca de 3.405 metros cadrados. Nun principio –contanme fontes ben contrastadas- de ámbito rústico que viña sendo ocupada en arrendamento por unha empresa que posteriormente adquiriuna por permuta e que, con anterioridade, fora ocupada por diversas empresas que, ao parecer, aboaban un canon de ocupación ao Concello do Porriño. Logo foi declarada urbanizable e demandada, ao parecer, pola Comunidade de Montes Vecinais en Man Común de Torneiros. Parcela que foi permutada polo Concello sen, posiblemente, estar clara a propiedade da mesma. Para colmo de males, posteriormente foi concedida licenza de construcción de gran volume en virtude dun convenio urbanístico. Dito convenio foi subscrito co gallo da aprobación do PGOU do 2003, xa que o concello pretendía cambiar o uso desa parcela de industrial en residencial.
Na comisión de Goberno do 24 de maio de 2006, coa previa declaración de urxencia e fóra da orde do día, outorgouse e aprobouse a licenza de construcción. Como podemos ver (na foto) a construcción está moi avanzada. Sen embargo, a construcción e promoción debería estar rematada xa que o prazo era de 24 meses. O edificio consta de 90 vivendas, baixos comerciais e garaxes. O volume económico podería estar arredor de 15 millóns de euros (2.500 millóns de pesetas). Pois por todo isto, ao parecer, poderianse ter dictado medidas cautelares de anotación preventiva da demanda de transmisión da titularidade. E isto leva consigo a paralización das obras así como a venda de inmobles.
¡Vaia papeleta, Raúl e compañía! A ver como facedes fronte a este novo caso.
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |