|
O PP porriñés agarda ao ‘mesías’. Non se coñece a súa personalidade pero se lle agarda para o 28 de xuño. Din os manuais políticos que nacerá ese día no congreso local 'popular'.
Por exclusión, pódese albiscar polo menos quen non vai ser. Non poden aspirar a isto todos aqueles que estean emparentados co ex alcalde Barros, sospeitosos de colaborar con el. Non. Están excluídos, ao igual que coa actual portavoz da oposición, Manuel Carrera. ¿Nin siquera algún dos concelleiros como Eva? Tampouco por moi pedazo concelleiros que sexan que non o son como ben se sabe no Porriño. Todo isto acordouse na Lanzada nunha reunión á que Rafael Louzán convocou a Barros, pero –ollo ao dato-, non a Carrera.
Así que o PP do Porriño nin vai pasar por una xestora temporal antes do congreso local. Quizais porque é máis difícil atopar a unha ducia que a un só. Así que o PP busca un político para presidir o partido no Porriño.
De momento non teñen a ninguén, pero quédalle algo máis dun mes. ¿Quen vai ser? ¿Home o muller? ¿Militante afiliado ou simpatizante? É todo unha incógnita, que nin a dirección provincial coñece aínda que cómpre ter resolta a un mes vista. Xa me imaxino ao vicepresidente Figueroa a procura do candidato. ¿Nin sequera hai candidato? Pois, non. Nin iso temos no PP porriñés. O Porriño é un deserto en canto a políticos ‘populares’ se refire.
Entón, ¿os candidatos nacen por xeración espontánea? Pois, non. Claro que non.
Eu poñería un taboleiro na rúa para anotarse aqueles que crean ter condicións. Tamén se lle pode preguntar a Francés ou mesmo a Vaqueiro por se deixaron algunha ‘perla’ sen afiliar por aí e de valiosa catadura.
Non, eu a Gonzalo non lle preguntaría non vaia ser que diga que quere ser el o candidato.
En fin, aspirantes facédevos ver polo partido Popular.
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |