Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Confidencial

Francés, unha vez máis, intentando quedar ben

por Garganta Profunda - 09/05/2008
Una foto naïf de Francés.

O alcalde do Porriño segue en plena forma e verán por que. O outro día nunha xunta de portavoces e, por sorpresa –cóntanme-, que permitiu ou propiciou que o xerente e o comité de empresa de Lonza irrompese nunha reunión dos grupo políticos do Concello. Con este xesto, Francés –comentan tamén desde a casa do Concello- estaría presionando para quedar ben diante da empresa e medio obrigando aos grupos a apoiar o recurso que interpuxo empresa e Concello no Tribunal Supremo.

Lonza é unha empresa multinacional farmacéutica que ten a súa sede en Suiza. Instalouse no Porriño, alá polo 2005, como empresa de Zeltia e logo pasaría a Glaxo Wellcome, despois a unha empresa americana Genentech e, finalmente, no 2006 en Lonza. A empresa traballa para conseguir principios activos anticanceríxenos. Ao comezo o producto chamouse Interferón e agora Avastin que se exporta a EEUU.

Agora, tras unha denuncia dun particular, podería ser que a licenza non se outorgase, no 2005, con todas as da lei. Así que Raúl está preocupado e lanzouse ao recurso ao Supremo da man da empresa para evitar a demolición. En caso de que se demostre que a licenza está mal outorgada polo concello deberá indemnizar toda unha pasta.

Así que non nos estrañaría nada que Raúl Francés queira xustificarse dicindo que tratou de ir da man de tódolos grupos pero eles non quixeron. ¿É así? ¿E pretendes conseguilo meténdoos na casa do Concello nunha reunión para presionar aos grupos? ¡Pero, vamos, Francés!

gargantaprofunda@vigometropolitano.com

    
Sobre este artículo
3 / 5 (2 Votos)
Encuesta
Hay un total de 24 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com