|
Ao BNG do Porriño se lle derrumba a súa obra única, aínda que, por outra parte, foi un proxecto herdado, isto é, o parking da avenida de Galicia.
Esa vía ‘lenta’ ou lentísima. Claro que como agora está de moda o ‘slow food’ os porriñeses o substituén por outra práctica o ‘slow driver’, ou conducción tartaruga.
O caso é que semella que o aparcadoiro ten xa problemas constructivos na parte que da ao parque do Cristo. Estes días andan por alí levantando losetas, tapando e volvendo a colocarlas.
A auga tamén estáncase e o cidadán móllase ao pasar por alí e ten que baixar a rúa para evitar isto.
¿Será certo que quen pon os parches é o concello? Pero, ¿a quén corresponde o mantemento da obra?
En fin, que non se estrague o ‘escorial’ de Francés. Xa sería o colmo e non vai ter nin tempo nin gañas para facer outro Escorial.
Mentres, os sufridos porriñeses e transeúntes sufren as consecuencias da remodelación desta arteria tan importante.
mailto:gargantaprofunda@vigometropolitano.com
|