|  | | | | | Lugar onde ataron a cadela gran parte do dÃa na espera de que aparecese o seu dono. | | | |
O tema do día onte en Salceda foron dous cans que trouxeron de cranio aos traballadores municipais así como algúns membros do goberno salcedense. Unha cadela de caza foi atopada, na noite do domingo para o luns cunha cadea pero que se lle había enganchado nun coche nas inmediacións do parque da Gándara e non podía moverse. Un municipal tentou resolver o asunto liberando a cadela e atándoa en fronte, nuns piares de pedra xunto a Comercial Caselas. Pero a cadela tiña oo lado un boxer –presunto noivo que a aquelaba- e que impuña pola súa planta aos viandantes que separábanse do lugar ao pasar.
Non sabemos se o municipal ou alguen para facerlle a espera máis amable púsolle unha lata con auga e penso de gato quizais a falta del de can.
Transcorría a maña e todos os do concello ían pasando polo lugar dos feitos sen ser capaces darlle un desenlace a tal situación. Aínda os do Grumir que chegaron cun lazo a eso das dúas da tarde, pero sen éxito na tarefa de enganchar ao boxer que impedía tomar unha decisión sobre a cadela.
A media tarde chegou o ‘Carpetas’ que, máis atrevido que ninguén, tratou de pórlle un colar pero o can deu un par de revolcóns e zafouse.
Logo chegaría Marinita Cabaleiro co churrasco como señuelo. O can fixo ademán de se interesar polo criollo pero finalmente desconfiou. A concelleira de Educación quedou entón un tanto frustrada.
Entón foi cando chegou o veterinario do BNG cunhas pastillas que llas puxeron no churrasco pero o boxer non probou bocado. Antes o ex concelleiro tratou de pasarlle a máquina para ler o microchip pero con pouca sorte porque non tiña rexistrado o nome do dono e case se come a man do veterinario e o lector.
Entón o gran adestrador de cans, o ‘Carpetas’, desenganchou a cadela e pola avenida de Galicia dirixíuse ao Torrón. O can de raza perigosa ía seguindo a cadela.
Algúns veciños que seguiran todas as evolucións da operación comentaba: “¡Ollade a concelleria de Facenda co seu poder sancionador gañou a concellaría de Educación!”. O que Marinita non foi capaz de facer o Carpetas o bordou.
E por certo, ¿onde estaría Quico Cabaleiro, o concelleiro de medio ambiente, xa que esta era a súa misión e o CDL Torrón os seus dominios?
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |