|  | | | | | Chicho felicita a Louzán o dÃa da toma de posesión coma presidente da Deputación de Pontevedra. | | | |
O PP de Salceda terá unha posta de longo o vindeiro venres día 9. É que ven o xefe a pastorear un pouco as forzas afiliados ‘populares’ salcedenses. Vai ser, a partir das nove da noite, nunha coñecida casa de turismo rural do municipio que como non ten publicidade en Vm obviamos o seu nome. O acto consiste nunca reunión e nuns pinchos. E as correspondentes misivas de convocatoria xa foron recibidas nos respectivos enderezos da militancia.
Rafael Louzán, que sen dúbida virá acompañado, vai tratar de ter elementos de decisión, entre outras cousas, sobre o futuro do ex alcalde, José Manuel Fernández, Chicho. O partido require urxentemente dunha xunta xestora e un posterior congreso local para elixir presidente e Chicho aspira a ser candidato. ¡Veremos que ten que dicir Louzán e os afiliados que se espera algo así como un centenar deles!
Recentemente incorporouse no posto do ex alcalde unha nova concelleira de Budiño que, por certo, vaia pleno no que lle tocou a estrea. ¡Nin sequera o rematou! Outra incógnita que pode despexarse trala reunión con Louzán é a postura de Demetrio Pereira cuxa marcha do concello hai tempo que se da por feita.
En fin, ¿estarán na reunión eses ex concelleiros que din que votaron en contra de Chicho nas últimas municipais? ¿Chegarán ao acto ese centenar de afiliados simpatizantes na súa maioría (din que hai 300 en Salceda dos que non pagan fronte aos que no PP cotizan e reciben o nome de afliliados militantes)?
Sexa coma sexa vai ser un fito dentro da vida política municipal do partido Popular salcedense. Seguiremos informando.
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |