|
A Susa moi solitaria na Argentina tan só aquelada pola súa dama de compañía a Delfina ou Fina, a sazón concelleira de cultura reprobada (a das axendas en castelán). Mentres Nidia e Xosé Manuel Martínez Ojea aproveitaron a viaxe tamén para visitar parentes, pero o dúo Susa-fina máis solitarias que nunca en Bos Aires.
Claro que ían ao que ían, pero non tiveron outra vida ca oficial, diríamos. O mellor e o que sucedeu nunha emisora de radio boanerense. O locutor boutoulle un piropo a Nidia dicindo algo así como que el quedábase coa xuventude e a beleza do PP. Entón Susa veuse obrigada a contestar un: “Eu xa teño parella”. E o locutor deuse conta e intentou remediar o asunto cun: sen desmerecer a señora alcaldesa... En fin, que o concurso o gañou Nidia. A Susa soa, moi soa a pesar da dama de compañía, Delfina.
* * *
Por outra parte, a actualidade empresarial no solo industrial mosense no caso da fábrica Draka é curioso. Cóntanme que non é unha quebra e que incluso hai un acordo cos traballadores para a reubicación da empresa. Outros rumores falan de que a empresa, en certo momento, decidiu ampliar a nave e a cadea de montaxe pero non atopou receptividade no Concello e por iso agora vaise. De feito, unha parte do terreo –sópranme- é de titularidade municipal e como outras empresas instaladas no concello, iste non está a ter un trato favorable con empresas instaladas en terreo municipal.
* * *
Tampouco é moi positiva a situación das negacións para o pacto do goberno PSOE-BNG, trala reunión de hoxe. A cousa está moi fría, cóntame alguén que sabe ben de que vai isto. Susa a pesar da situación económica do Concello e sen orzamentos non da o brazo a torcer e insiste, machaconamente, en cargos de libre designación cando na Xunta de Galicia a cousa va noutro sentido. O martes 29 seguirán as negociacións.
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |