A pesar dos últimos acontecementos ocurridos en Mos, atreveríame a asegurar que o pleno de hoxe vai ser de escaso interese.
O PP no vai toca unha pluma do número dos de Susa, Xerardo Alonso flamante director de proxectos da Asociación de Empresarios mosense, AEMOS. ¿Por que? Case mellor non o digo … Pero, bueno, bastante ten Xerardo…
Co cacareado pacto co BNG, os de Martínez Ojea van a estar mais mansos que ovellas así que non se esperan sorpresas.
O que fai os cartos. Parece que o BNG vaise plegar aos dictados da Susa que lle vai dar os ‘despoxos’ do goberno mosense. A saber: mocidade, infancia, ciber, biblioteca, radio é, eso si, limpeza de camiños que o saben facer ben, segundo declarou onte a Onda Cero a alcaldesa mosense.
Se así se produce, Martínez Ojea que saiba que este é o principio do fin do BNG mosense. Se sacaron 3 concelleiros nas próximas municipais van sacar un ou ningún. Daquela, quizais Martínez Ojea xa non estea na política…
Así é. A economía manda, xunto coas conveniencias. Despois de tirarse os trastos van e pactan. Eso sí, que quede clariño, por un futuro mellor para o municipio. ¡Dios mío, que falsos son los políticos! ¿Haberá algún veciño que aínda crea o que din? Non sei, non sei pero Mos na mans da Susa … vai de mal en peor, ainda que algúns como os de Sanguiñeda non se enteren.
| Así se aburrían os corporativos mosenses o 31 de xaneiro nun pleno. |
gargantaprofunda@vigometropolitano.com
|