Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Confidencial

De tódolos alcaldes nacionalistas da área metropolitana, Francés cos peores resultados nas Xerais

por Garganta Profunda - 12/03/2008

  

¡Ai Francés que malos resultados! Xa dicía eu que andabas decaído e meditabundo e agora máis ca nunca. Os 1.396 votos destas eleccións son ‘moito pouco’ –como din no pais irmán- comparados coas municipais de maio de 07, daquela 2.916. E aínda son menos cos 1.448 das xerais de 2004.

 

Raúl, botemos unha ollada a como quedaron os teus compañeiros alcaldes da área metropolitana cos que vas aos mitins de Quintana, respecto as xerais de hai 4 anos. O alcalde de Bueu sube de 1300 a 1500; o de Salceda de 596 a 884; a de Tomiño, Sandra, de 750 a 1.255, en cambio, ti perdes 50 votos con mais censo de votantes. ¡Pero, home, isto non pode ser! Raúl Francés é o único alcalde que baixou con respecto as Xerais anteriores. Se todos aportasen coma ti,  Olaia non estaría de vacacións e fóra do Congreso

 

¿E no Senado? Pois, mira, Rauliño, a primeira candidata bloqueira, Iria Aboi Ferradás (que non a coñece ninguén no Porriño e parte do país) conseguiu 300 votos máis ca ti. En total 1.652 votos. É dicir, hai xente que botou ao BNG para o Senado  en non a papeleta onde ía Raúl Francés cos demais alcaldes e preferiu a unha descoñecida, Iria Aboi Ferradás.  ¿Por qué Raúl, por que? Todo isto acostuma ser ao contrario.

 

Por outra parte, o socialista Iván Vaqueiro tamén tivo menos votos para o Senado -600 votos menos-, dos que votaron socialista para  o Congreso dos Deputados.

 

E repito, Francés está preocupado, moi preocupado. ¿Estará preocupado por outros asuntos de investigación no Concello?


O sorriso de Francés non é o das pasadas municipais.


 

Sobre o PP temos que dicir que os 4.951 votos contrastan cos 2.383 conseguidos por Manuel Carrera nas últimas municipais. ¿Qué explicación terá isto? De acordo, no é o mesmo as xerais que as municipais pero si que marcan tendencias. ¿A xente que quere ao PP tamén quere a Carrera? Non sei que logo se cabrean… saquen vostedes consecuencias.

 

Unhas declaracións de última hora de Manuel Carrera chégannos á redacción. ¡Mira ti que coincidencia! E para o ‘popular’ a razón é que nas municipais hai máis partidos de dereita e, claro, ao PP tócalle a menos. E o razoa dicindo que incluso nas Xerais anteriores foron 5.015 votos. Ben, entón, comparemos: ¿Por que Barros nas municipais de 2003 conseguiu 4.050 votos e Carrera en 2007, tamén nas municipais, 1.667 votos menos? ¡Amigo!

gargantaprofunda@vigometropolitano.com

    
Sobre este artículo
3.5 / 5 (7 Votos)
Encuesta
Hay un total de 100 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com