16/05/2008 TreZe, CatorZe ¡Hai esas festas que promociona a concellería de Tere, en Salceda! Daba mágoa ver quen asiste a elas e como acabaron alguns no torreiro de Santa María de Salceda. Ben comeza a súa andaina a nova asociación Treze, Catorze.
09/05/2008 Francés, unha vez máis, intentando quedar ben
O alcalde do Porriño segue en plena forma e verán por que. O outro día nunha xunta de portavoces e, por sorpresa –cóntanme-, que permitiu ou propiciou que o xerente e o comité de empresa de Lonza irrompese nunha reunión dos grupo políticos do Concello. Con este xesto, Francés –comentan tamén desde a casa do Concello- estaría presionando para quedar ben diante da empresa e medio obrigando aos grupos a apoiar o recurso que interpuxo empresa e Concello no Tribunal Supremo.
Lonza é unha empresa multinacional farmacéutica que ten a súa sede en Suiza. Instalouse no Porriño, alá polo 2005, como empresa de Zeltia e logo pasaría a Glaxo Wellcome, despois a unha empresa...
08/05/2008 A 'gran obra' do Bloque do Porriño xa semella estregada Ao BNG do Porriño se lle derrumba a súa obra única, aínda que, por outra parte, foi un proxecto herdado, isto é, o parking da avenida de Galicia. O caso é que semella que o aparcadoiro ten xa problemas constructivos na parte que da ao parque do Cristo. Estes días andan por alí levantando losetas, tapando e volvendo a colocarlas.
06/05/2008 O 'Carpetas' reduce a un can e unha cadela que casou temor en Salceda O tema do día onte en Salceda foron dous cans que trouxeron de cranio aos traballadores municipais así como algúns membros do goberno salcedense. Unha cadela de caza foi atopada, na noite do domingo para o luns cunha cadea pero que se lle había enganchado nun coche nas inmediacións do parque da Gándara e non podía moverse.
03/05/2008 Louzán pastorea ao PP salcedendese O PP de Salceda terá unha posta de longo o vindeiro venres día 9. É que ven o xefe a pastorear un pouco as forzas afiliados ‘populares’ salcedenses. Vai ser, a partir das nove da noite, nunha coñecida casa de turismo rural do municipio que como non ten publicidade en Vm obviamos o seu nome. O acto consiste nunca reunión e nuns pinchos. E as correspondentes misivas de convocatoria xa foron recibidas nos respectivos enderezos da militancia.