3 de September de 2010










A elección do lugar para o novo polígono industrial mosense divide a socialistas que prefiren a ampliación da Veigadaña e os nacionalistas que optan pola Arrufana, en Louredo
Enero de 2007 POR Vm

A Conselleira de Vivenda e Solo acaba de comunicar ós representantes do Concello de Mos a realización dun novo polígono industrial a construir en Mos, sendo o Concello quén ten que elixir unha ubicación para esta implantación industrial.

A Corporación municipal decidíu onte en sesión plenaria entre dúas ubicacións posibles, non existinto previamente unha proposta unica por parte do goberno municipal, segundo o nacionalista, Xosé Manuel Martínez Ojea.

O PSOE prefería a ubicación na Veigadaña realizando unha ampliación do actual polígono a desenvolver, pasando así a ampliarse hacia a zona de Petelos e hacia a zona de Mos e río Louro na ubicación de Plásticos Barcia. O BNG prefería a ubicación da Arrufana, en Louredo, en base ós seguintes argumentos:

-  a zona vai quedar ben comunicada co futuro enlace de Peinador coa nova Autovía que ven de Pontevedra ó Confurco,

-  a zona conta con máis metros disponibles para realizar uha impllantación industrial que sexa xa definitiva,

-  a elección deste lugar foi nomeado como segunda zona a elixir no pleno onde se decidiron as ubicacións industriais posibles,

-  a zona conta xa coas debidas conexións de auga,dado que alí se encontran os depósitos de tratamento das conduccións que chegan do Oitavén,

-  o lugar quedaría nun extremo do municipio, facendo que as conseguintes molestias do tráfico industrial non redundaran en molestias ós veciños de Mos,

-  ademáis, a zona de Arrufana non ten actualmente impllantación de vivendas ou naves nos lugares de nova implantación, como sí ten o lugar de Veigadaña, facendo moito máis cara e lenta a tramitación da ejecución do novo polígono.

O BNG fixo constar ademáis que o polígono de Veigadaña non debería achegarse moito ós núcleos urbanos, pois así redundaría na menor calidade de vida para os veciños e veciñas, facendo fincapé ademáis en que moito do espazo de Veigadaña que se pretende delimitar como zona industrial está neste momento en litigio entre a Comunidade de Montes de Petelos e as ocupacicóns particulares, podendo facer máis difícil a súa tramitación.

Este foi o argumento principal do BNG para fundamentar a súa opción no lugar de Arrufana. De todos xeitos, o BNG ofreceu a posibilidade de consensuar un acordo común que fose acollido de forma unánime pola corporación, e que daría a posibilidade de ofrecer á Consellería de Vivenda e Solo as dúas ubicacións posibles e que a Xunta elixira a máis convinte e factible.

Esta proposta non foi aceptada, polo que houbo que acollerse a unha votación posterior de preferencias, facendo que a corporación por mayoría decidira ofrecer a alternativa de Arrufana á Xunta para ubicar o novo polígono, quedando así este lugar como definitivo.

Sae así adiante a proposta do BNG, que en principio se cree como máis favorable para o municipio, en canto foi maioritariamente dictaminada.

O Partido Popular tamén votou a favor da proposta do BNG


Enviar el artículo a un amigo
Destinatario  :
(introduzca el email del destinatario)

De parte de 
(introduzca su propio nombre)

(introduzca el email del remitente)

O tenente de alcalde di na súa visita á CEP que a cidade necesita "superar a crispación e o desencontro"

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este martes unha xuntanza co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), José Manuel Fernández Alvariño, e varios membros da xunta directiva da entidade, continuando así coa rolda de contactos que está mantendo cos diferentes colectivos sociais e económicos da cidade.

O tenente de alcalde salientou a coincidencia que se amosou na reunión para que a cidade "supere a crispación e o desencontro" e "traballemos desde todas as institucións e entidades na mesma dirección".


“Vigo escapadas”, despierta una gran expectación entre los visitantes de Expogalaecia

El programa turístico “Vigo escapadas” que promueve la Asociación de Hostelería de Vigo en colaboración con el Concello y Turismo Rías Baixas, de la Diputación, está despertando gran expectación entre los visitantes de Expogalaecia, el salón de Turismo que desde ayer permanece abierto en el IFEVI.

Los visitantes del certamen que proceden de otras provincias y también de Portugal, han mostrado gran interés por conocer las distintas opciones que se ofrecen en el programa Vigo Escapadas, un programa cuyo objetivo no es otro que el de potenciar las estancias cortas en la ciudad viguesa, fundamentalmente de fin de semana, mediante paquetes cerrados.


 
Cangas Bueu Moaña Soutomaior Fornelos Pazos Redondela Vigo Mos Nigrán Porriño Ponteareas Mondariz Mondariz Balneario As Neves Salvaterra Salceda Gondomar Covelo Arbo As Neves Salvaterra Salceda Tui Gondomar Baiona Oia Tomiño Oia Tomiño O Rosal A Guarda Covelo Cañiza Crecente Arbo